Exposición SonAgasallo-Artesanía en madeira - Concello de Lousame

A exposición mostra tallas de madeira que José Manuel Riveiro recolle nas praias e na beira dos ríos para representar pezas únicas, tamén unha liña de xoias que combina os procesos de elaboración tradicionais coa orixinalidade dos deseños inspirados na natureza.

Ambos artesáns estarán presencialmente os días 24 de novembro e 15 de decembro (en horario de 17 a 20.00 horas) na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Lousame para facer venda directa das súas creacións, así coma para explicarlle aos veciños e veciñas de Lousame calquera dúbida ou cuestión relacionada coa súa obra.