Campaña de animación á Lectura "Libros para sermos libres" - Concello de Lousame

"Libros para sermos libres" é o lema da campaña que a área de Cultura da Deputación da Coruña organiza en colaboración coa Concellería de Cultura de Lousame para conmemorar o Día Internacional do Libro e que se desenvolverá en trinta concellos da provincia. Os veciños de Lousame que se acheguen o luns 23 ás 18.00 horas á Casa da Cultura, recibirán o agasallo dun lote de libros doados pola Deputación Provincial.

Os libros con que se agasallará á veciñanza dos distintos concellos proveñen dos fondos da Deputación da Coruña e son títulos de edición propia entre os que se encontran as obras gañadoras de premios como o Torrente Ballester, o Rafael Dieste, o Murguía, o Castelao ou o González Garcés, ademais doutros que se refiren ás recentes conmemoracións como o Día das Artes Galegas coa artista Maruxa Mallo como protagonista. Entre a selección de títulos atópanse tamén clásicos como "Cousas" de Castelao, centro dun recente programa literario-teatral que se realizou en diversos concellos.