O Concello de Lousame agarda reunir a máis de 500 persoas no Festival de Reis de mañá venres 5 de xaneiro no polideportivo municipal - Concello de Lousame

As malas condicións meteorolóxicas impiden a celebración da Cabalgata de Reis polas parroquias

4 de xaneiro de 2018.- O Concello de Lousame agarda reunir a máis de medio milleiro de persoas no seu Festival de Reis, que terá lugar mañá venres 5 de xaneiro, de 17:00 a 20:00 horas, no polideportivo municipal “Pilar Barreiro Senra”. Unha festa que incluirá a recepción dos Reis Magos, tres inchables, xiraloco, cars a pedais e degustación gratuíta de chocolate con churros para todos os presentes.

As malas condicións meteorolóxicas previstas para a mañá do venres motivaron a suspensión da Cabalgata de Reis polas distintas parroquias do municipio, celebrada con gran éxito o ano pasado.

 

 CONVOCATORIA GRÁFICOS
DATA:  Venres 5 de xaneiro
HORA: De 17:00 a 20:00 horas
LUGAR:  Polideportivo municipal “Pilar Barreiro Senra” (Cruído).