Obra de Teatro 'Le Cirque', de François Lafayette - Concello de Lousame

O maior espectáculo de maxia cómica de todos os tempos: Le Cirque, de François Lafayette. Un espectáculo inspirado tanto no teatro clásico como as correntes actuais, pero cun enfoque innovador e característico.

O espectador descubrirá o mundo do circo baixo a visión fresca e renovada do home que revolucionou as artes circenses fusionadas coa maxia, Monsieur Lafayette. Unha invitación para mergullarse no misterio e na maxia, cun espectáculo aclamado por multitudes de todo o mundo; a entrar no mundo dun heroe da escena moderna, que rescatou o cabaret para facelos emerxer con máis forza que nunca.