Camiños de coñecemento e experiencia, proxecto de democratización do coñecemento - Concello de Lousame

O Concello de Lousame e a Universidade de Santiago de Compostela pon en marcha unha nova edición de “Camiños de coñecemento e experiencia, proxecto de democratización do coñecemento”, un programa gratuíto de formación universitaria dirixida a veciños e veciñas maiores de 50 anos.

Esta iniciativa forma parte do Programa Universitario de Maiores e inclúe 3 seminarios teóricos (cine, escritura e simboloxía), 2 obradoiros prácticos ; cine como linguaxe e outro de análise de materiais arqueolóxicos e documentais e unha saída percorrendo a pé polos arredores para analizar o significado das cores, que terán lugar entre o 21 e 28 de setembro.

A matrícula é gratuíta e pode formalizarse en bandoticket ou na Casa da Cultura chamando ao 981 82 57 80, en horario de 10:00 a 14:00 horas.