Recepción privada cos Reis Magos - Concello de Lousame

O martes 5 de xaneiro o Concello de Lousame festexará a chegada das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Está previsto que a comitiva real chegue a primeira hora da mañá. A recepción terá lugar na Casa Da Cultura a partir das 10:00 H ata ás 20:00 H.

Para poder asistir a recepción privada será necesario facer reserva dun tícket-entrada preferiblemente a través de https://bandoticket.com/es/events/recepcion-cos-reis-magos ou no teléfono-981825780