A tecnoloxía 5G obriga a resintonizar os televisores - Concello de Lousame

A liberación da banda de 700 megahercios para a nova telefonía móbil, obriga a reprogramar os amplificadores e dispositivos de televisión dixital terrestre (TDT).

As canles entre o 49 e o 59 desaparecerán a partir do luns. O goberno aprobou a liberación da banda que ocupan para deixar espazo á tecnoloxía 5G. As frecuencias afectadas operan entre os 694 e os 790 megahercios, que se usarán para garantizar a cobertura nas zonas más illadas.

O Ministerio de Economía e Empresa, pon a disposición dos cidadáns os seguintes números de teléfono para resolver calquera dúbida: 901201004 ou 910889879; ou ben na web www.televisiondigital.es.

Para máis información, poden dirixirse ao Concello de Lousame.