O Concello de Lousame cancela a Andaina contra a Violencia de Xénero ante as previsións de fortes choivas para mañá venres - Concello de Lousame

 

 

 

Os actos trasladaranse ao ximnasio do CPI Cernadas de Castro, ás 13:00 horas

O Concello de Lousame cancela a terceira edición da Andaina conta a Violencia de Xénero diante das malas predicións meteorolóxicas para mañá venres, que advirten da entrada dunha fronte moi activa con chuvias de carácter persistente. Ademais, as actividades previstas inicialmente na praza do Concello trasladaranse ao ximnasio do CPI Cernadas de Castro, a partir das 13:00 horas. A participación segue aberta a toda a cidadanía e é totalmente libre e de balde, non sendo precisa inscrición algunha.

O acto comezará ás 13:00 horas cunha representación teatralizada sobre como é o inicio da violencia de xénero nas parellas adolescentes. Acto seguido, representantes do alumnado da ESO do CPI Cernadas de Castro darán lectura a unha serie de poemas e traballos elaborados durante esta última semana. Pechará o acto a concelleira da Igualdade, Silvia Agrafojo, que  lerá un manifesto de rexeitamento da violencia machista, que dará paso a un minuto de silencio en memoria das máis de cincuenta mulleres asasinadas este ano e das súas familias.