O Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama pon a súa disposición un medio de transporte de balde, para facilitarlle o acceso desde o Concello de Lousame ata a unidade de Exploración Mamográfica situada no Hospital Xil Casares, (A Choupana s/n, Santiago de Compostela) e tamén a viaxe de volta ó concello.
Os días de servizo de autobús son os seguintes: 3-4-5-6-9-10-11-12-13-17 de SETEMBRO de 2024
Dependendo da hora na que teña a cita na Unidade de Exploración, poderá facer uso do mesmo, tendo en conta as seguintes paradas e horarios:
- EN ESCABIA (diante do “Bar de Camilo”) Horas de parada: 8:00 , 10:00 e 12:00
- EN SANGUIÑAL (diante da escola) Horas de parada: 8:10 , 10:10 e 12:10
- EN LOUSAME-ALDEAGRANDE (diante do Bar) Horas de parada: 8:15, 10:15 e 12:15
- EN PORTOBRAVO (diante do Concello) Horas de parada: 8:20 , 10:20 e 12:20
- EN SAN XUSTO (na parada do autobús) Horas de parada: 8.25, 10:25 e 12:25
- EN FONTEFRIA (na parada) Horas de parada: 8:27, 10:27 e 12:27
Na mensaxe de texto do SERGAS que recibe no seu teléfono móbil, onde se lle indica o día e a hora da súa cita, aparecerá unha ligazón. Se preme nela pode acceder a esta información.