MAGO TETO
SÁBADO 25, ÁS 17.00h. CASA DA CULTURA
Inscricións: https://bandoticket.com/events/obradoiro-matemaxicas-mago-teto
Maxia e matemáticas, a fusión de dous mundos que dá como resultado trucos sorprendentes, paradoxos, exercicios de enxeño, piruetas pedagóxicas… Como di Martin Gardner: «a maxia matemática combina a beleza dunha estrutura matemática co entretemento que achega un truco. Non é sorprendente, en consecuencia, que as delicias da maxia matemática sexan maiores para quen goza tanto do ilusionismo como dos entretementos matemáticos».
Pensa un número calquera: 37
Súmalle 3: 37+3 = 40
Multiplica o resultado por 2: 40 x 2 = 80
Réstalle 8: 80 – 8 = 72
Divide por 2: 72/ 2 = 36
¡O número que che dá súmalle 1 e xa o tes!
36 +1 = 37
Expresión alxebraica paso a paso: X, X+3, 2X+6, 2X-2, X-1, X