Abre o prazo para solicitar reserva de praza no Punto de Atención á Infancia do Concello de Lousame para o curso 2023/2024 - Concello de Lousame

O Punto de Atención á Infancia é un centro municipal que oferta servizo de gardería a nenos/as dende 0 a 3 anos, co obxectivo de facilitarlle a conciliación da vida familiar e laboral ás familias de Lousame.

O período para a reserva de praza vai do 15 de marzo ata o 15 de abril.

As persoas interesadas poden dirixirse aos servizos sociais municipais, onde se lles facilitará a información e a documentación necesaria para solicitar a reserva de praza, ou descargar os impresos desde a páxina web municipal www.concellodelousame.gal.