O Concello de Lousame entrega un flightcase a Cruz Roja Noia para o traslado seguro dos seus dispositivos médicos - Concello de Lousame

14 de decembro de 2022.- A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, vén de entregarlle a Cruz Roja Noia un flightcase para o traslado seguro dos dispositivos médicos dos que dispón a asociación. “É un agradecemento pola colaboración que sempre temos por parte de Cruz Roja Noia nas distintas actividades que celebramos ao longo do ano e que nos permiten garantir a cobertura sanitaria das persoas que participan nelas”, explica Villaverde Pais.

Unha entrega que tivo lugar no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, aproveitando a colaboración realizada por Cruz Roja Noia no Pequetrail (con 5 voluntarios, un vehículo 4x4 e un vehículo de intervención rápida) como no Trail Lousame 2022 (con 8 técnicos, 4 socorristas, un vehículo de intervención rápida, un vehículo de apoio sanitario, un vehículo de rescate 4x4 e un vehículo de apoio loxístico).

O Flightcase é un embalaxe moi resistente e duradeiro axeitado para o transporte e almacenamento de equipos e dispositivos sensibles ou fráxiles, como os de electromenciña dos que dispón Cruz Roja Noia. Está fabricado con perfiles de aluminio e esquineiras metálicas para garantir a máxima protección e resistencia do Flightcase, que ademais dispón de rodas para o seu sinxelo desprazamento.