Máis de medio milleiro de persoas participaron no Festival de Reis do Concello de Lousame - Concello de Lousame

9 de xaneiro de 2023.- Máis de medio milleiro de persoas participaron no Festival de Reis do Concello de Lousame, que tivo lugar este sábado 7 de xaneiro no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva). Un festival que estivo presidido pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, quen estivo acompañada pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, e o concelleiro de Obras, Ramón Martínez.

Despois de dous anos sen celebrarse por mor das restricións da pandemia sanitaria, as gañas de festa eran moi grandes e o festival congregou a xente non so de Lousame, senón tamén doutros municipios do Barbanza e ata de comarcas veciñas como Santiago. O temporal desta fin de semana fixo unha paréntese co Festival, pois só comezou a chover, e con certa forza, pasadas as 19:30 horas, polo que non restou afluencia á festa, máis ben fixo que esta se alongase máis aló das 20:00 horas á espera de atopar algún oco entre trebóns para recoller o coche.

No pavillón déronse cita ata cinco inchables diferentes, cun touro mecánico e un DJ que puxo música en directo e que, a petición dos pequenos, non deixaba de empregar fume, o que xerou un ambiente que se asemellaba á néboa na derradeira hora da festa. Flocos de millo e chocolate con churros eran as propostas gastronómicas, máis empregadas polos pais e nais, que ocupaban as gradas do polideportivo mentres a cativada desfrutaba dos distintos xogos