O Concello de Lousame conta con 4 prazas para a Campaña de Esquí 2023 - Concello de Lousame

O Concello de Lousame conta con 4 prazas na Campaña de Neve 2023, que terá lugar na estación Valgrande-Pajares (Asturias) do 27 ao 30 de xaneiro de 2023. Unha campaña organizada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Lousame, e que está aberta a nenos e nenas de entre 11 e 15 anos de idade (cumpridos a 31 de decembro de 2022).

As inscricións deberán formalizarse nas oficinas xerais do Concello de Lousame ata o 16 de decembro (incluído).  A estancia e manutención terá lugar en aloxamentos situados a pé de pista na estación Valgrande-Pajares (Asturias). Estes son os prazos a seguir:

  • Ata o 16 de decembro abrirase o prazo de inscrición dos nenos e nenas, que deberán presentar nas oficinas xerais do Concello de Lousame a  folla de inscrición adxunta nesta páxina.
  • No caso de que haxa máis solicitudes ca prazas, entre o 19 e o 22 de decembro farase un sorteo público diante da secretaria do Concello.
  • As 4 crianzas elixidas deberán aboar 85 euros (oitenta e cinco euros) cada unha como cota de participación nun número de conta que se lles facilitará posteriormente.

Máis información no Departamento de Deportes do Concello de Lousame: nas oficinas xerais do Concello ou no 981 820 494.