Cóntase a historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa. A súa relación de amor desenvólvese a par da súa vida profesional. Dedícanse os dous a unha actividade comercial sen licenza fiscal, e viven as súas vidas persoais como calquera outra persoa, e tamén sen as licenzas administrativas correspondentes. Isto provoca interferencias que poñen en perigo a relación.
E así saltando fronteiras e saltando trámites administrativos e aprendendo linguas e linguaxes segundo sexa preciso, tentan consumar a súa relación… se o conseguen ou non se sabe ao final.