PROGRAMA VISIÓNS 2022 - Concello de Lousame

CUÑADOS 

Código expediente Visións!: PPE/48

Director:  Toño López
Elenco:  Miguel de Lira , FEDERICO PÉREZ REY , Xosé A. Touriñán
Cualificación:  N.R.M 7 años
Xenero: comedia
Metraxe:   89 minutos

Estudo: Castelao Films / Filmax

Distribuidora: Baños Films (Vigo)

Sinopse:

A COMEDIA GALEGA MAIS TAQUILLERA DA TEMPADA. Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán) acaban de meter a pata nun dos seus negocios e necesitan diñeiro. Moito diñeiro. Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuestrando a Modesto (Federico Pérez Rei), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar nin un euro polo seu cuñado. Con todo, é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar. Este tres cuñados téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será...

Ficha, tráiler, fotografías e cartel en Filmaffinity:

https://www.filmaffinity.com/es/film638550.html

cunados-414673027-large.jpg

 

-------------------

O GRAN CAMIÑO

Código expediente Visións!: PDO/12

Directora: Alba Prol e Raúl García
Elenco: documental

Cualificación: 7 anos
Xenero: documental tipo “road movie”
Metraxe:   82 minutos

Estudo: Meteórica

Distribuidora: Súper-8

Sinopse:

Documental narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, dous cineastas que deciden cargar as cámaras nas súas mochilas para emprender unha aventura de miles de quilómetros polas grandes rutas a pé do mundo. O Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camiño Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta do Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, ou o europeo Camiño de Santiago, non son máis que unha excusa para unha viaxe máis profunda ao encontro da xente dos camiños, cos que se tratan temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio pola familia, os conflictos sociais, a espiritualidade, o cuidado do noso planeta, a conexión coa Pachamama, ou o regreso a un mesmo.

Ficha, tráiler, fotografías e cartel en Filmaffinity:

https://www.filmaffinity.com/es/film163625.html#

the_great_way-783273459-large.jpg