"O que levamos nas maletas", de Magín Blanco, o domingo 24 de outubro na Casa da Cultura - Concello de Lousame

Magín Blanco, creador de A nena e o grilo, A nena e o grilo nun barquiño, Gatuxo e outras composicións que forman parte de propostas musicais para público infantil como María Fumaça e Rosalía Pequeniña interpretará en directo unha selección dos temas para público infantil que el mesmo compuxo acompañados dunha narración.

O formato desta nova proposta será un contacontos musicado que axudará os nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e as palabras, pola lingua, polos contos e a música para que poidan crear o seu propio universo creativo.


DOMINGO 24 ÁS 18:00 H
CASA DA CULTURA
INSCRICIÓNS: O QUE LEVAMOS NAS MALETAS-MAGIN BLANCO en Bandoticket
PARA TÓDOLOS PÚBLICOS
DURACIÓN: 50 MIN.